CALENDARIO DO CONTRIBUINTE 2019: PERÍODOS VOLUNTARIOS DE INGRESO DAS DÉBEDAS CONCELLO RIBEIRA

Administración Local: BOP Nº 8 VENRES, 11 DE XANEIRO DE 2019

Municipal -Ribeira

PERÍODOS VOLUNTARIOS DE INGRESO DAS DÉBEDAS DE VENCEMENTO PERIÓDICO E NOTIFICACIÓN COLECTIVA.

O artigo 25 da ordenanza xeral municipal de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público dispón que os períodos para pagar os tributos e outros ingresos públicos de carácter periódico que se xestionen por recibo serán establecidos pola Alcaldía, e serán obxecto de difusión a través da sede electrónica do Concello.

No caso dos tributos de notificación colectiva e periódica (padróns fiscais) que non teñan establecido outro prazo nas súas normas reguladoras, os períodos voluntarios de pagamento deberán ser establecidos de conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, de 17 de decembro. 

En base ao exposto, e en uso das atribucións previstas no artigo 21.1. f) e s) d7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral, a Alcaldía resolveu aprobar o CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE para o exercicio 2019, de acordo conseguinte detalle: 

1. INGRESOS DE DEVENGO ANUAL e notificación colectiva. 

INGRESO PERÍODO DE COBRO 

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica Do 15 de marzo ao 15 de maio

Imposto sobre bens inmobles Do 1 de setembro ao 20 de novembro

Imposto sobre actividades económicas Do 1 de setembro ao 20 de novembro 

Taxa sobre vaos permanentes e as reservas da vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras actividades de interese particular 

Do 15 de setembro ata ao 15 de novembro 

Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa Do 15 de setembro ao 15 de novembro 

2. INGRESOS DE VENCEMENTO TRIMESTRAL. e notificación colectiva.

INGRESO PERÍODO DE COBRO

Taxas polos servizos de subministración de auga potable, recollida do lixo e redes de sumidoiros 

PERIODO INICIO REMATE 

Trimestre 1 15/05 15/07 

Trimestre 2 15/08 15/10 

Trimestre 3 15/11 15/01 

Trimestre 4 15/02 15/04 

Taxa pola ocupación de terreos de uso público con postos de venda ambulante. 

PERIODO INICIO REMATE 

Trimestre 1 15/02 15/04 

Trimestre 2 05/05 05/07 

Trimestre 3 05/07 05/09 

Trimestre 4 05/10 05/12 

Taxa pola prestación do servizo de mercados municipais. 

PERIODO INICIO REMATE 

Trimestre 1 15/01 15/03 

Trimestre 2 05/04 05/05 

Trimestre 3 05/07 05/09 

Trimestre 4 05/10 05/12 

INGRESO PERÍODO DE COBRO

Taxa pola instalación de quioscos na vía pública. 

PERIODO INICIO REMATE 

Trimestre 1 15/01 15/03

Trimestre 2 05/04 05/05

Trimestre 3 05/07 05/09 

Trimestre 4 05/10 05/12 

Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, entullos, valos, puntais, asnelos, estadas e outros materiais de construción. 

PERIODO INICIO REMATE 

Trimestre 1 15/01 15/03 

Trimestre 2 05/04 05/05 

Trimestre 3 05/07 05/09 

Trimestre 4 05/10 05/12 

3. INGRESOS DE DEVENGO MENSUAL e notificación colectiva.

Prezo público polo uso dos servizos do viveiro empresas 

Do día cinco de cada mes ate o día cinco do segundo mes posterior. 

Taxa polo uso de instalacións deportivas 

Prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da oficina municipal de deportes. 

Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar 

Taxa pola prestación do servizo do centro de atención á primeira infancia. 

Sen prexuízo do anterior, a Alcaldía resérvase a facultade de modificar o presente calendario cando motivos de índole técnica, debidamente xustificados no expediente, impidan a posta ao cobro dos valores nas datas sinaladas, informando de tales circunstancias aos cidadáns coa suficiente antelación unha vez aprobados os correspondentes padróns fiscais e o seu prazo de ingreso en período voluntario.